miércoles, 30 de marzo de 2011

ESCANEAMOS

Hoxe aprendemos a escanear y como o escaner non está na aula tivemos que ir a sala de "profes".
Escaneamos os debuxos que fixemos para o conto de Polgariña, de Andersen, que estamos preparando para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL que terá lugar o 2 de abril.

  

lunes, 28 de marzo de 2011

REYES

Así se chama a nosa profesora de Relixión Católica coa que temos clase todos os luns e coa que nos fixemos esta foto.

domingo, 27 de marzo de 2011

FACEMOS MÚSICA

Despois de experimentar a tocar nas botellas de auga e ver como soaban, fillemos a seguinte actividade.:
Mercedes ragalóunos unha folla e unha morea de gomets de cores para que escribiramos a nosa propia música.
Unha vez que rematamos interpretamos a nosa composición diante do resto dos compañeiros que aplaudiron a rabear.SOMOS UNS GRANDES MÚSICOS!!!!

  

miércoles, 23 de marzo de 2011

DÍA MUNDIAL DA AUGA

O 22 de marzo celebramos o Día Mundial da Auga .Xa que no centro estamos a desenvolver un proxecto sobre a mesma aproveitamos a ocasión para reflexionar sobre o que cada un de nós podemos facer para non malgastar auga e como podemos aforrar con un consumo razoable
Canto podemos aforrar se cerramos a billa mentras lavamos os dentes?
Según o libro que lemos en clase aforramos 18 vasos de auga. Medimos os 18 vasos de auga, xuntámolos cos daos resto das clases e usamos a agua para regar o noso horto.





lunes, 21 de marzo de 2011

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Hoxe foi  o Día Mundial da Poesía. Para celebralo fomos visitar a biblioteca do Instituto onde o avó de Pablo nos recitou algunhas poesias do seu libro e fixo unha, especialmente para nós, que falaba de un barco.Cando rematou fixémonos unha foto todos xuntos.
 Durante esta semana  iremos traendo poesias da casa para expoñer na entrada do colexio

.

  

domingo, 20 de marzo de 2011

MÚSICA DE CORES

Este venres a profe Mercedes fixo música con unhas botellas de cristal e auga. Para que se vira ben a cantidade de auga puxémosllle unha cor diferente a cada botella y quedóunos realmente bonito.
Para facelas soar usamos unha baqueta, un pincel e unha peza de metal que usamos para tocar o triángulo.
Neste vídeo podemos comprobar como soa.
Nos pasámolo moi ben con esta clase de Música

  

miércoles, 16 de marzo de 2011

Hoxe coa profe Mª José aprendemos unha nova técnica para pintar: o pastel.
Son unhas pinturas moi blandas que rascamos nun coador e despois estendemos no papel cos dedos.
Mirade que bonito queda!!!!

  

sábado, 12 de marzo de 2011

A NOSA "FACE"

Mirade que cara tan "chuli" fixemos coas indicacións da profe Mercedes, na clase de inglés.

  

viernes, 4 de marzo de 2011

ENTROIDO 2011

Por fin chegou o gran día: o día do ENTROIDO.Todos estamos guapísimos y muy preparados para o noso desfile. Fomos paseando ata o antiguo colexio e a volta merendamos orellas, filloas, rosquiñas e outras lambetadas que prepararon as nosas mamás e os nosos papás.
Dende aquí queremos darlles as grazas por toda a axuda que nos prestaron, sin eles esta festa non houbera sido a mesma.GRAZAS.

  

jueves, 3 de marzo de 2011

XA TEMOS DE TODO

Xa temos de todo: gorro, calcetíns, bigote e madil e Bob Espoxa tamén, por iso nos fixemos estas fotos tan "chulis2.
E mañá será o gran día para desfrutar do Entroido, xa vos contaremos.

  

miércoles, 2 de marzo de 2011

A BARCA DE BOB ESPONXA

Hoxe traballamos moi duramente, estivemos construindo unha barca para Bob Esponxa para celebrar o ENTROIDO.

  

AS ESPONXAS

Hoxe aprendemos moitas cousas das esponxas do mar,como viven, que comen, que hai moitas esponxas diferentes,como se preparan para que poidamos usalas.  Vimos unha de verdade e comprobamos como absorbe a auga.Axudóunos moito a información que trouxo Juan da casa.