Un saúdo para todos.
viernes, 15 de abril de 2011
FELICES PASCUAS
Con este bonito coelliño e o seu ovo que os nenos e nenas fixeron na clase de inglés con Mercedes, queremos desexarvos unhas Felices Pascuas. Retomaremos as clases o día 26 con renovados ánimos para empezar o terceiro trimestre.
Un saúdo para todos.
Un saúdo para todos.
SEGUIMOS COS CONTOS
Hoxe tocóulle ao papá de SOFÍA, da clase de catro anos. Cóntounos dous contos, un en galego "o Reiseñor", e outro en castelán "la princesa y el guisante". Os dous nos gustaron moito.
Grazas por todo e polo esforzo de contarnos o conto en galego.
Grazas por todo e polo esforzo de contarnos o conto en galego.
miércoles, 13 de abril de 2011
RABANIÑOS
Hoxe Brais e Amadou presentáronse voluntarios para arricar os rabaniños que empezaban a espigar.Tiveron que poñer unhas luvas porque as follas dos rábanos pican un pouco e pode molestarnos nas mans.
MIRADE QUE EQUIPADOS E CONTENTOS!
MIRADE QUE EQUIPADOS E CONTENTOS!
domingo, 10 de abril de 2011
AHORA TÓCANOS A NÓS.
Tamén nós preparamos un conto en cada clase para contar ao resto.
Na clase de 5 anos preparamos na nosa Smartboard o conto de" Polgariña ". Entre todos fixemos os debuxos que ilustran o conto o puxémoslle os voces aos diferentes personaxes.
Na clase de 4 anos contáronnos "o Soldadiño de chumbo" e na clase de 3 " a Princesa e o chícharo" .Foi unha semana de moito conto!

OUTROS CONTOS DE MAMÁ
jueves, 7 de abril de 2011
CONTACONTOS
Hoxe fomos a biblioteca de Pastoriza a escoitar a un contacontos, Iván, que nos contou 3 contos . Fomos en autobús e pasámolo moi ben, divertímonos moito. Para comprobalo tedes que mirar as fotos e os vídeos que fixemos.
miércoles, 6 de abril de 2011
MAMÁ CÓNTANOS UN CONTO
Isto é o que fixo NOEMÍ a mamá de NAYELI hoxe,contestando a nosa invitación de vir a contar un conto para celebrar Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.Elexiu o Patiño Feo que nos gustou moito, fixoo fenomenal e todos lle aplaudimos moito.
Aquí tedes unha pequena mostra do conto.
domingo, 3 de abril de 2011
COMO CHEGA A AUGA ÁS NUBES?
O venres intentamos entre todos atopar unha resposta a esta pregunta co seguinte experimento:
Puxemos auga a fever nunha pota para comprobar como se forma o vapor e como se acumula na tapa dpor ria pota ou no plato que puxemos por riba.
Despois puxemos un algodón na tapa que pouco a pouco foise enchendo de vapor y despois comprobamos coma caía a auga coma se chovese. Aínda que tivemos un pequeno accidente e caeu o algodón antes de tempo, polo que ao mellor temos que repetilo.
Pero a importante é que compartimos entre todos este experimento e foi moi divertido.

Suscribirse a:
Comentarios (Atom)