martes, 31 de mayo de 2011
MÁIS PEIXIÑOS
Estánnos a chegar más peixiños nas súas caixas, a nosa entrado está cada día máis bonita con tantos Kassunguilá diferentes. Hoxe viñeron os de Miguel, Anxo e Pedro. Comprobade vos mesmos como está o cole cheo de pixes!!!!
lunes, 30 de mayo de 2011
KASSSUNGUILÁ
Xa comezan a chegar ao colexio as caixas de KASSUNGUILÁ. O venres veu a de Juan e hoxe, luns, viñeron as de Brais, Daniel, Laura e Juan Jesús.N as outras clases tamán chegaron algunhas.Esperamos que antes do mércores as teñamos todas.
Grazas pola vosa colaboración.
Grazas pola vosa colaboración.
jueves, 26 de mayo de 2011
FILTRAMOS A AUGA
Hoxe extivemos experimentando como funciona unha depuradora de auga e para iso construimos unha usando unha botella de auga baleira. Para filtrar a auga puxemos algodón, area fina, grava e pedras pequenas formando diferentes capas. Fixemos pasar a auga con lixo por estes filtros y puidemos comprobar que saía limpa.
viernes, 20 de mayo de 2011
NOTICIAS DE LOIS PEREIRO
Hoxe rematamos o mural sobre Lois Pereiro. Fixemos unha escolma de todas as noticias que trouxemos da casa e pegámolas no mural. Pensamos que nos quedou moi bonito.GRAZAS pola vosa colaboración.
miércoles, 18 de mayo de 2011
LETRAS GALEGAS 2011
Como xa sabemos todos, este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS adícase ao poeta monfortino LOIS PEREIRO, de que estivemos recollendo información esta fin de semana e coa que vamos a traballar estes días en clase.
Hoxe estivemos facendo un retrato na clase de Educación Artística para expoñer na entrada do centro xunto cos dos nenos e nenas das outas aulas.Esperamos que vos guste a todos.
Hoxe estivemos facendo un retrato na clase de Educación Artística para expoñer na entrada do centro xunto cos dos nenos e nenas das outas aulas.Esperamos que vos guste a todos.
jueves, 12 de mayo de 2011
SÓLIDO, LÍQUIDO E GASOSO
No experimento que fixemos hoxe no colexio, coa axudas dos papás e as mamás, puidemos comprobar os tres estados nos que atopamos a auga: sólido, líquido e gasoso.Grazas, unha vez máis papis e mamis!!.
miércoles, 11 de mayo de 2011
LUIS SEOANE E O MAR
Hoxe rematamos de trabllar con Luis Seoane co cadro, que se atopa na fundación que leva o seu nome, titulado" Homenaxe a torre de Hércules nº 3 ".
Como vedes está feito con materiais de refugallo: anacos de redes e catálogos de supermercados, de onde recortamos os peixes.
Para ver o bonito que nos quedóu podedes visitar o blog de arte BORRAGHANCHOS que ten a nosa profe Mª José
Se facedes un clic nas palabras en cor azul iredes de visita a sitios moi interesantes.

martes, 10 de mayo de 2011
MEDIMOS
Hoxe estivemos facendo prácticas de medición. Comprobamos que podemos usar o noso corpo para medir y por iso fixemos varias medicións cos pés e coas mans. Pero, chegamos a conclusión, que non nos vale para todo, xa que depende do tamaño de cada un de nós, polo que necesitamos un metro para que a medida sexa máis exacta.
viernes, 6 de mayo de 2011
PEIXES, PEIXES, PEIXES...
Iso foi o que vimos hoxe no Acuario da Coruña.Vimos unha gran variedade de peixes, acariñamos a un tiburón gato, vimos os seus ovos e os ovos de raia. Na sala Nautilus admiramos a Gastón, o tiburón. A guía Mª Carmen, que foi moi amable y moi cariñosa, explicóunos moitas cousas interesantes dos peixes.
Tamén vimos como lle daban de comer as focas y puidemos viaxar ata a zona abisal do mar .
Foi un gran día para todos como podedes comprobar nestas fotos.
Tamén vimos como lle daban de comer as focas y puidemos viaxar ata a zona abisal do mar .
Foi un gran día para todos como podedes comprobar nestas fotos.
miércoles, 4 de mayo de 2011
AQUÍ ESTAMOS DE NOVO
Xa pasaron as vacacións e estamos aquí de novo preparando novas actividades para este último trimestre do curso.
O mais inmediato é que estamos a preparar a visita ao Acuario Finisterrae e queremos ir moi ben informados para aproveitar mellor a visita, polo que estamos a facer un mural coa información que traemos da casa das diferentes especies que viven no mar. Xa sabemos que non todos viven a mesma profundidade y que polo tanto teñen diferentes características.

Suscribirse a:
Comentarios (Atom)