ISTO NON É UNHA DESPEDIDA, É UN ATA LOGO, ATA QUE VOS QUEIRADES.
PENSANDO NESTES TRES ANOS QUE PASAMOS XUNTOS OCÓRRENSEME MOITAS COUSAS QUE DECIRVOS PERO TODO SE RESUME NUN MOITAS GRAZAS POR TODO O QUE APORTÁSTEDES A MIÑA VIDA. A TODOS E CADA UN DE VOS UNHA APERTA.
martes, 5 de julio de 2011
jueves, 16 de junio de 2011
SEGUIMOS CON LUGRÍS
Esta semana rematamos de traballar con LUGRÍS, o último que fixemos foi poñerlle o título a un cadro e escribir o que nos suxire.
A profe Mª José colgou no seu blog de arte esta noticia que podedes ver aquí .
A profe Mª José colgou no seu blog de arte esta noticia que podedes ver aquí .
martes, 14 de junio de 2011
VISITA AO CEIP DE GALÁN
Hoxe fomos a coñecer o colexio de Galán, a onde iremos o próximo curso. Fomos en autobús e acompañáronnos os papás, mamás e algunha avoa.
Visitamos todas as instalacións do centro, fomos a biblioteca, onde fixemos un debuxo que quedou no cole para cando entremos en setembro.
Coincidimos cos nenos e nenas de Vilarrodís, que serán compañeiros nosos para o curso que ven.
Vimos un mural que nos gustou moito da Torre de Hércules, que o fixeron os nenos que viñeron ao cole o outro día e que estiveron con Mª José.
Para rematar fixéronnos un agasallo: unha camiseta de cor laranxa co nome do colexio.

viernes, 10 de junio de 2011
VISITA A TORRE DE HÉRCULES E O MUSEO DE BELAS ARTES
Cuanto desfrutamos hoxe vendo a TORRE DE HÉCULES!! !Ata coñecemos a uns xaponeses que estaban filmando.
Despóis fomos o MUSEO DE BELAS ARTES, onde a guia Lucía nos ensinou unha morea de cadros relacionados coa auga, uns que xa coñeciamos e outros novos, pero todoa precioso.
Pasámolo tan ben e desfrutamos tanto que algúns ata nos durmimos no camiño de volta.
Podedes comprobarlo mirando as fotos que van aquí.

jueves, 9 de junio de 2011
MISTERIO NUNHA BOTELLA
Hoxe en cada unha das clases do noso colexio aparecíu unha botella cunha misteriosa mensaxe dentro:
Quen a deixou aquí?
Como puido entrar a carta?
Traería a auga?
Serian as pantasmas?
De onde ven?
Que poñerá no papel?
Todas estas preguntas xurdiron na clase de 5 anos.
Despóis de varias discusións a maioria opina que será unha fórmula máxica porque ten letras de cores.
Para sair de dúbidas Anxo e Brais leron a carta e así todos nos enteramos que a AUGA, cansada que a traten mal, retiróuse ao museo a descansar e invítanos a que a busquemos no Museo de Belas Artes da Coruña.
Por iso mañá iremos de excursión A Coruña para ver se atopamos a auga.
Xa vos contaremos

miércoles, 8 de junio de 2011
URBANO LUGRÍS GÓNZALEZ
Estamos empezando a traballar a URBANO LUGRÍS, pintor nacido en A Coruña en 1908 e morto en Vigo no ano 1973. Ademáis de uns maravillosos cadros tamén pintóu murais que aínda se conservan en algúns bares da Coruña.
Se queredes coñecer parte da súa obra aquí tedes a dirección do Museo de Bellas Artes da Coruña que nós visitaremos o próximo día 10 http://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?id=70&ida=2249
Se queredes coñecer parte da súa obra aquí tedes a dirección do Museo de Bellas Artes da Coruña que nós visitaremos o próximo día 10 http://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?id=70&ida=2249
viernes, 3 de junio de 2011
VISITA DOS NENOS E NENAS DE GALÁN
Hoxe no cole tivemos unha visita moi especial: os nenos e nenas de 3º B do colexio de Galán, algúns deles alumnos de este centro ata hai tres anos: Nicolás, Marco, Alejandro, Iaván e Teresa.Tamén viñeron Diogo, Juan, Angel, Carla, María, Nerea, Laura, Desiree, Emily, Jairo, Pablo, Daniel, Lucía, Sara, Patricia, Amanda, Alba e o profe de todos eles Paco.
Viñeron a explicarnos moitas cousas da Torre de Hécules para que a visita que imos facer o próximo día 10 sexa máis proveitosa.
Foron uns profes fantásticos e nós aprendemos moitas cousas.
GRAZAS POLA VOSA AXUDA.

miércoles, 1 de junio de 2011
EXPOSICIÓN DE VOZ NATURA
Hoxe, María e Mº José, foron a facer a montaxe da exposición de Voz Natura do noso colexio.
Para que todo quedara máis bonito nós tamén axudamos: pintamos uns paraugas con elementos realcionados co mar empregando rotuladores de diferentes cores e escribindo algunhas frases relativas a auga.
Con todo isto, as fotos que trouxemos ao cole a principio de curso, as caixas que viñeron da casa e moito inxenio quedou isto tan bonito que vedes nas fotos.

XA TEMOS TODOS OS PEIXIÑOS
Cos peixes de Paula, Pablo, Aarón, Xavier, Nerea e Amadou xa completamos a nosa colección de peixes para exposición de Voz Natura, que van a montar entre María e Mª José hoxe.
Para que non teñades ningunha dúbida do sitio onde se celebrará nin da data e a hora, levamos para casa un plano do lugar onde ven toda a información. Tamén marcamos o lugar onde vai a estar a exposición e a actividade na que máis nos apetece participar.
Se necesitades máis información este é o enlace para blog de VOZ NATURAhttp://www.voznatura.es/home/index.php

martes, 31 de mayo de 2011
MÁIS PEIXIÑOS
Estánnos a chegar más peixiños nas súas caixas, a nosa entrado está cada día máis bonita con tantos Kassunguilá diferentes. Hoxe viñeron os de Miguel, Anxo e Pedro. Comprobade vos mesmos como está o cole cheo de pixes!!!!
lunes, 30 de mayo de 2011
KASSSUNGUILÁ
Xa comezan a chegar ao colexio as caixas de KASSUNGUILÁ. O venres veu a de Juan e hoxe, luns, viñeron as de Brais, Daniel, Laura e Juan Jesús.N as outras clases tamán chegaron algunhas.Esperamos que antes do mércores as teñamos todas.
Grazas pola vosa colaboración.
Grazas pola vosa colaboración.
jueves, 26 de mayo de 2011
FILTRAMOS A AUGA
Hoxe extivemos experimentando como funciona unha depuradora de auga e para iso construimos unha usando unha botella de auga baleira. Para filtrar a auga puxemos algodón, area fina, grava e pedras pequenas formando diferentes capas. Fixemos pasar a auga con lixo por estes filtros y puidemos comprobar que saía limpa.
viernes, 20 de mayo de 2011
NOTICIAS DE LOIS PEREIRO
Hoxe rematamos o mural sobre Lois Pereiro. Fixemos unha escolma de todas as noticias que trouxemos da casa e pegámolas no mural. Pensamos que nos quedou moi bonito.GRAZAS pola vosa colaboración.
miércoles, 18 de mayo de 2011
LETRAS GALEGAS 2011
Como xa sabemos todos, este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS adícase ao poeta monfortino LOIS PEREIRO, de que estivemos recollendo información esta fin de semana e coa que vamos a traballar estes días en clase.
Hoxe estivemos facendo un retrato na clase de Educación Artística para expoñer na entrada do centro xunto cos dos nenos e nenas das outas aulas.Esperamos que vos guste a todos.
Hoxe estivemos facendo un retrato na clase de Educación Artística para expoñer na entrada do centro xunto cos dos nenos e nenas das outas aulas.Esperamos que vos guste a todos.
jueves, 12 de mayo de 2011
SÓLIDO, LÍQUIDO E GASOSO
No experimento que fixemos hoxe no colexio, coa axudas dos papás e as mamás, puidemos comprobar os tres estados nos que atopamos a auga: sólido, líquido e gasoso.Grazas, unha vez máis papis e mamis!!.
miércoles, 11 de mayo de 2011
LUIS SEOANE E O MAR
Hoxe rematamos de trabllar con Luis Seoane co cadro, que se atopa na fundación que leva o seu nome, titulado" Homenaxe a torre de Hércules nº 3 ".
Como vedes está feito con materiais de refugallo: anacos de redes e catálogos de supermercados, de onde recortamos os peixes.
Para ver o bonito que nos quedóu podedes visitar o blog de arte BORRAGHANCHOS que ten a nosa profe Mª José
Se facedes un clic nas palabras en cor azul iredes de visita a sitios moi interesantes.

martes, 10 de mayo de 2011
MEDIMOS
Hoxe estivemos facendo prácticas de medición. Comprobamos que podemos usar o noso corpo para medir y por iso fixemos varias medicións cos pés e coas mans. Pero, chegamos a conclusión, que non nos vale para todo, xa que depende do tamaño de cada un de nós, polo que necesitamos un metro para que a medida sexa máis exacta.
viernes, 6 de mayo de 2011
PEIXES, PEIXES, PEIXES...
Iso foi o que vimos hoxe no Acuario da Coruña.Vimos unha gran variedade de peixes, acariñamos a un tiburón gato, vimos os seus ovos e os ovos de raia. Na sala Nautilus admiramos a Gastón, o tiburón. A guía Mª Carmen, que foi moi amable y moi cariñosa, explicóunos moitas cousas interesantes dos peixes.
Tamén vimos como lle daban de comer as focas y puidemos viaxar ata a zona abisal do mar .
Foi un gran día para todos como podedes comprobar nestas fotos.
Tamén vimos como lle daban de comer as focas y puidemos viaxar ata a zona abisal do mar .
Foi un gran día para todos como podedes comprobar nestas fotos.
miércoles, 4 de mayo de 2011
AQUÍ ESTAMOS DE NOVO
Xa pasaron as vacacións e estamos aquí de novo preparando novas actividades para este último trimestre do curso.
O mais inmediato é que estamos a preparar a visita ao Acuario Finisterrae e queremos ir moi ben informados para aproveitar mellor a visita, polo que estamos a facer un mural coa información que traemos da casa das diferentes especies que viven no mar. Xa sabemos que non todos viven a mesma profundidade y que polo tanto teñen diferentes características.

viernes, 15 de abril de 2011
FELICES PASCUAS
Con este bonito coelliño e o seu ovo que os nenos e nenas fixeron na clase de inglés con Mercedes, queremos desexarvos unhas Felices Pascuas. Retomaremos as clases o día 26 con renovados ánimos para empezar o terceiro trimestre.
Un saúdo para todos.
Un saúdo para todos.
SEGUIMOS COS CONTOS
Hoxe tocóulle ao papá de SOFÍA, da clase de catro anos. Cóntounos dous contos, un en galego "o Reiseñor", e outro en castelán "la princesa y el guisante". Os dous nos gustaron moito.
Grazas por todo e polo esforzo de contarnos o conto en galego.
Grazas por todo e polo esforzo de contarnos o conto en galego.
miércoles, 13 de abril de 2011
RABANIÑOS
Hoxe Brais e Amadou presentáronse voluntarios para arricar os rabaniños que empezaban a espigar.Tiveron que poñer unhas luvas porque as follas dos rábanos pican un pouco e pode molestarnos nas mans.
MIRADE QUE EQUIPADOS E CONTENTOS!
MIRADE QUE EQUIPADOS E CONTENTOS!
domingo, 10 de abril de 2011
AHORA TÓCANOS A NÓS.
Tamén nós preparamos un conto en cada clase para contar ao resto.
Na clase de 5 anos preparamos na nosa Smartboard o conto de" Polgariña ". Entre todos fixemos os debuxos que ilustran o conto o puxémoslle os voces aos diferentes personaxes.
Na clase de 4 anos contáronnos "o Soldadiño de chumbo" e na clase de 3 " a Princesa e o chícharo" .Foi unha semana de moito conto!

OUTROS CONTOS DE MAMÁ
jueves, 7 de abril de 2011
CONTACONTOS
Hoxe fomos a biblioteca de Pastoriza a escoitar a un contacontos, Iván, que nos contou 3 contos . Fomos en autobús e pasámolo moi ben, divertímonos moito. Para comprobalo tedes que mirar as fotos e os vídeos que fixemos.
miércoles, 6 de abril de 2011
MAMÁ CÓNTANOS UN CONTO
Isto é o que fixo NOEMÍ a mamá de NAYELI hoxe,contestando a nosa invitación de vir a contar un conto para celebrar Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.Elexiu o Patiño Feo que nos gustou moito, fixoo fenomenal e todos lle aplaudimos moito.
Aquí tedes unha pequena mostra do conto.
domingo, 3 de abril de 2011
COMO CHEGA A AUGA ÁS NUBES?
O venres intentamos entre todos atopar unha resposta a esta pregunta co seguinte experimento:
Puxemos auga a fever nunha pota para comprobar como se forma o vapor e como se acumula na tapa dpor ria pota ou no plato que puxemos por riba.
Despois puxemos un algodón na tapa que pouco a pouco foise enchendo de vapor y despois comprobamos coma caía a auga coma se chovese. Aínda que tivemos un pequeno accidente e caeu o algodón antes de tempo, polo que ao mellor temos que repetilo.
Pero a importante é que compartimos entre todos este experimento e foi moi divertido.

miércoles, 30 de marzo de 2011
ESCANEAMOS
Hoxe aprendemos a escanear y como o escaner non está na aula tivemos que ir a sala de "profes".
Escaneamos os debuxos que fixemos para o conto de Polgariña, de Andersen, que estamos preparando para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL que terá lugar o 2 de abril.
Escaneamos os debuxos que fixemos para o conto de Polgariña, de Andersen, que estamos preparando para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL que terá lugar o 2 de abril.
lunes, 28 de marzo de 2011
REYES
Así se chama a nosa profesora de Relixión Católica coa que temos clase todos os luns e coa que nos fixemos esta foto.
domingo, 27 de marzo de 2011
FACEMOS MÚSICA
Despois de experimentar a tocar nas botellas de auga e ver como soaban, fillemos a seguinte actividade.:
Mercedes ragalóunos unha folla e unha morea de gomets de cores para que escribiramos a nosa propia música.
Unha vez que rematamos interpretamos a nosa composición diante do resto dos compañeiros que aplaudiron a rabear.SOMOS UNS GRANDES MÚSICOS!!!!

miércoles, 23 de marzo de 2011
DÍA MUNDIAL DA AUGA
O 22 de marzo celebramos o Día Mundial da Auga .Xa que no centro estamos a desenvolver un proxecto sobre a mesma aproveitamos a ocasión para reflexionar sobre o que cada un de nós podemos facer para non malgastar auga e como podemos aforrar con un consumo razoable
Canto podemos aforrar se cerramos a billa mentras lavamos os dentes?
Según o libro que lemos en clase aforramos 18 vasos de auga. Medimos os 18 vasos de auga, xuntámolos cos daos resto das clases e usamos a agua para regar o noso horto.

lunes, 21 de marzo de 2011
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
Hoxe foi o Día Mundial da Poesía. Para celebralo fomos visitar a biblioteca do Instituto onde o avó de Pablo nos recitou algunhas poesias do seu libro e fixo unha, especialmente para nós, que falaba de un barco.Cando rematou fixémonos unha foto todos xuntos.
Durante esta semana iremos traendo poesias da casa para expoñer na entrada do colexio
.
Durante esta semana iremos traendo poesias da casa para expoñer na entrada do colexio
.
domingo, 20 de marzo de 2011
MÚSICA DE CORES
Este venres a profe Mercedes fixo música con unhas botellas de cristal e auga. Para que se vira ben a cantidade de auga puxémosllle unha cor diferente a cada botella y quedóunos realmente bonito.
Para facelas soar usamos unha baqueta, un pincel e unha peza de metal que usamos para tocar o triángulo.
Neste vídeo podemos comprobar como soa.
Nos pasámolo moi ben con esta clase de Música
Para facelas soar usamos unha baqueta, un pincel e unha peza de metal que usamos para tocar o triángulo.
Neste vídeo podemos comprobar como soa.
Nos pasámolo moi ben con esta clase de Música
miércoles, 16 de marzo de 2011
sábado, 12 de marzo de 2011
A NOSA "FACE"
Mirade que cara tan "chuli" fixemos coas indicacións da profe Mercedes, na clase de inglés.
viernes, 4 de marzo de 2011
ENTROIDO 2011
Por fin chegou o gran día: o día do ENTROIDO.Todos estamos guapísimos y muy preparados para o noso desfile. Fomos paseando ata o antiguo colexio e a volta merendamos orellas, filloas, rosquiñas e outras lambetadas que prepararon as nosas mamás e os nosos papás.
Dende aquí queremos darlles as grazas por toda a axuda que nos prestaron, sin eles esta festa non houbera sido a mesma.GRAZAS.
Dende aquí queremos darlles as grazas por toda a axuda que nos prestaron, sin eles esta festa non houbera sido a mesma.GRAZAS.
jueves, 3 de marzo de 2011
XA TEMOS DE TODO
Xa temos de todo: gorro, calcetíns, bigote e madil e Bob Espoxa tamén, por iso nos fixemos estas fotos tan "chulis2.
E mañá será o gran día para desfrutar do Entroido, xa vos contaremos.
E mañá será o gran día para desfrutar do Entroido, xa vos contaremos.
miércoles, 2 de marzo de 2011
A BARCA DE BOB ESPONXA
Hoxe traballamos moi duramente, estivemos construindo unha barca para Bob Esponxa para celebrar o ENTROIDO.
AS ESPONXAS
Hoxe aprendemos moitas cousas das esponxas do mar,como viven, que comen, que hai moitas esponxas diferentes,como se preparan para que poidamos usalas. Vimos unha de verdade e comprobamos como absorbe a auga.Axudóunos moito a información que trouxo Juan da casa.
lunes, 28 de febrero de 2011
ENTROIDO
Xa empezamos cos MANDADIÑOS DO ENTROIDO.
Mirade que guapos estamos todos cos sombreiros e que guapo está Bob Exponxa!!!!
Mirade que guapos estamos todos cos sombreiros e que guapo está Bob Exponxa!!!!
REXISTRO DO TEMPO
Cada día facemos o rexistro do tempo atmosférico e ao rematar o mes contamos os días que se repetiu cada fenómenos e anotamos todo.
domingo, 27 de febrero de 2011
PRÉSTAMO DE LIBROS
Coma cada venres eleximos o libro para levar para casa para que papá ou mamá nos axude a lelo e a facer o noso caderno.
jueves, 24 de febrero de 2011
SEOANE CUMPLE 100 ANOS
Xa completamos a nosa torta con 100 velas e hoxe celebramos o aniversario de Seoane.
Acendemos 100 velas que apagamos entre todos, aplaudimos e despois comemos a torta toda!!!!!
Acendemos 100 velas que apagamos entre todos, aplaudimos e despois comemos a torta toda!!!!!
martes, 22 de febrero de 2011
Grazas papis e mamis
Aquí tedes os primeiros.
lunes, 21 de febrero de 2011
OS 100 ANOS DE SEOANE
Pouco a pouco imos enchendo a nosa torta de velas, xa nos quedan moi poucas para chegar a 100, que son os anos de LUIS SEOANE se vivira.
jueves, 17 de febrero de 2011
lunes, 14 de febrero de 2011
A QUE SABE A AUGA
Queremos saber a que sabe a auga.
Despois de probar auga con gas, coca cola, zume e auga chegamos a conclusión de que a auga non sabe a NADA.
Despois de probar auga con gas, coca cola, zume e auga chegamos a conclusión de que a auga non sabe a NADA.
martes, 8 de febrero de 2011
Música con auga
Coa profe Mercedes fixemos música de unha forma diferente: con copas de diferente forma e tamaño e un pouco de auga.Case todos conseguimos que soaran!!!
jueves, 3 de febrero de 2011
miércoles, 2 de febrero de 2011
lunes, 31 de enero de 2011
AS PANTASMAS DO BARRIO
Estas son as pantasmas de BARRIONOVO, son os nenos e nenas de 5 anos:
Juan Jesús, Daniel, Xavier, Laura, Amadou, Anxo, Miguel, Pedro, Paula, Pablo, Aarón, Nerea, Brais e Juan.
Xuntos comezamos esta nova actividade coa que pretendemos amosarvos o día a día na aula. e tamén pensamos que pode servir para compartir experiencias

Suscribirse a:
Comentarios (Atom)