martes, 14 de junio de 2011

VISITA AO CEIP DE GALÁN

Hoxe fomos a coñecer o colexio de Galán, a onde iremos  o próximo curso. Fomos en autobús e acompañáronnos os papás, mamás e algunha avoa.
Visitamos todas as instalacións do centro, fomos a biblioteca, onde fixemos un debuxo que quedou no cole para cando entremos en setembro.
Coincidimos cos nenos e nenas de Vilarrodís, que serán compañeiros nosos para o curso que ven.
Vimos un mural que nos gustou moito da Torre de Hércules,  que o fixeron os nenos que viñeron ao cole o outro día e que estiveron con Mª José.
Para rematar fixéronnos un agasallo: unha camiseta de cor laranxa co nome do colexio.

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario