Quen a deixou aquí?
Como puido entrar a carta?
Traería a auga?
Serian as pantasmas?
De onde ven?
Que poñerá no papel?
Todas estas preguntas xurdiron na clase de 5 anos.
Despóis de varias discusións a maioria opina que será unha fórmula máxica porque ten letras de cores.
Para sair de dúbidas Anxo e Brais leron a carta e así todos nos enteramos que a AUGA, cansada que a traten mal, retiróuse ao museo a descansar e invítanos a que a busquemos no Museo de Belas Artes da Coruña.
Por iso mañá iremos de excursión A Coruña para ver se atopamos a auga.
Xa vos contaremos
No hay comentarios:
Publicar un comentario