jueves, 16 de junio de 2011

SEGUIMOS CON LUGRÍS

Esta semana rematamos de traballar con  LUGRÍS, o último que fixemos foi poñerlle o título a un cadro e escribir o que nos suxire.
A profe Mª José colgou no seu blog de arte esta noticia que podedes ver aquí .



  

martes, 14 de junio de 2011

VISITA AO CEIP DE GALÁN

Hoxe fomos a coñecer o colexio de Galán, a onde iremos  o próximo curso. Fomos en autobús e acompañáronnos os papás, mamás e algunha avoa.
Visitamos todas as instalacións do centro, fomos a biblioteca, onde fixemos un debuxo que quedou no cole para cando entremos en setembro.
Coincidimos cos nenos e nenas de Vilarrodís, que serán compañeiros nosos para o curso que ven.
Vimos un mural que nos gustou moito da Torre de Hércules,  que o fixeron os nenos que viñeron ao cole o outro día e que estiveron con Mª José.
Para rematar fixéronnos un agasallo: unha camiseta de cor laranxa co nome do colexio.

  

viernes, 10 de junio de 2011

VISITA A TORRE DE HÉRCULES E O MUSEO DE BELAS ARTES

Cuanto desfrutamos hoxe vendo a TORRE DE HÉCULES!! !Ata coñecemos a uns xaponeses que  estaban filmando.
Despóis fomos o MUSEO DE BELAS ARTES, onde a guia Lucía nos ensinou unha morea  de cadros relacionados coa auga, uns que xa coñeciamos e outros novos, pero todoa precioso.
Pasámolo tan ben e desfrutamos tanto que algúns ata nos durmimos no camiño de volta.
Podedes comprobarlo mirando as fotos que van aquí.


  

jueves, 9 de junio de 2011

MISTERIO NUNHA BOTELLA

Hoxe en cada unha das clases do noso colexio aparecíu unha botella cunha misteriosa mensaxe dentro:
Quen a deixou aquí?
Como puido entrar a carta?
Traería a auga?
Serian as pantasmas?
De onde ven?
Que poñerá no papel?
Todas estas preguntas xurdiron na clase de 5 anos.
Despóis de varias discusións a maioria opina que será unha fórmula máxica porque ten letras de cores.
Para sair de dúbidas Anxo e Brais leron a carta e así todos nos enteramos que a AUGA, cansada que a traten mal, retiróuse ao museo a descansar e invítanos a que a busquemos no Museo de Belas Artes da Coruña.
Por iso mañá iremos de excursión  A Coruña para ver se atopamos a auga.
Xa vos contaremos

  

miércoles, 8 de junio de 2011

URBANO LUGRÍS GÓNZALEZ

Estamos empezando a traballar a URBANO LUGRÍS, pintor nacido en A Coruña en 1908 e morto en Vigo no ano 1973. Ademáis de uns maravillosos cadros tamén pintóu murais que aínda se conservan en algúns bares da Coruña.
Se queredes coñecer parte da súa obra aquí tedes a dirección do Museo de Bellas Artes da Coruña que nós visitaremos o próximo día 10 http://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?id=70&ida=2249


  

viernes, 3 de junio de 2011

VISITA DOS NENOS E NENAS DE GALÁN

Hoxe no cole tivemos unha visita moi especial: os nenos e nenas de 3º B do colexio de Galán, algúns deles alumnos de este centro ata hai tres anos: Nicolás, Marco, Alejandro, Iaván e Teresa.Tamén viñeron Diogo, Juan, Angel, Carla, María, Nerea, Laura, Desiree, Emily, Jairo, Pablo, Daniel, Lucía, Sara, Patricia, Amanda, Alba e o profe de todos eles Paco.
Viñeron a explicarnos moitas cousas da Torre de Hécules para que a visita que imos facer o próximo día 10 sexa máis proveitosa.
Foron uns profes fantásticos e nós aprendemos moitas cousas.
GRAZAS POLA VOSA AXUDA.


 

miércoles, 1 de junio de 2011

EXPOSICIÓN DE VOZ NATURA

Hoxe, María e Mº José, foron a facer a montaxe da exposición de Voz Natura do noso colexio.
Para que todo quedara máis bonito nós tamén axudamos: pintamos uns paraugas con elementos realcionados co mar empregando  rotuladores de diferentes cores e escribindo algunhas frases relativas a auga.
Con todo isto, as fotos  que trouxemos ao cole  a principio de curso, as caixas que viñeron da casa e moito inxenio quedou isto tan bonito que vedes nas fotos.

  

XA TEMOS TODOS OS PEIXIÑOS

Cos peixes de Paula, Pablo, Aarón, Xavier, Nerea e Amadou xa completamos a nosa colección de peixes para exposición de Voz Natura, que van a montar entre María e Mª José  hoxe.
Para que non teñades ningunha dúbida do sitio onde se celebrará nin da data e a hora, levamos para casa un plano do lugar onde ven toda a información. Tamén marcamos o lugar onde vai a estar a exposición  e a actividade na que máis nos apetece participar.
Se necesitades máis información este é o enlace para blog de VOZ NATURAhttp://www.voznatura.es/home/index.php